Oceanógrafo por un día

Quere saber como funcionan os científicos mariños?

A través desta experiencia, os participantes gozarán dun fantástico día no mar mentres aprenden o importante que é o océano nas nosas vidas. Ao participar nesta experiencia, descubrirán como funciona un científico mariño, aprenderán como se fai a ciencia a través da observación e participarán recollendo e interpretando mostras en tempo real.

Sabías que os océanos producen a metade do osíxeno que respiramos?

Para quen vai esta experiencia?

A todas as persoas que aman a natureza e en particular o medio mariño. Está desenvolvido para satisfacer ás persoas que buscan unha experiencia participativa a bordo dun barco mentres descubren aspectos locais do lugar que visitan ou viven.

Ao final desta experiencia, os visitantes coñecerán

1. Cómo traballa un oceanógrafo

Medición de variables ambientais e recollida de mostras de auga de mar

2. Por que as Rías Baixas son un dos ecosistemas mariños máis produtivos do mundo?

O movemento da auga nas rías galegas está ligado a un proceso oceanográfico que só se produce en certas rexións do océano, o que explica a incrible biodiversidade que se agocha baixo a superficie do mar.

Sabías que a auga do mar nas rías galegas é máis fresca no verán que no inverno?

3. Por que é tan importante para a economía galega o cultivo de MEXILLÓN en bateas?

O cultivo de mexillóns en bateas nas rías galegas é un bo exemplo de actividade ambientalmente sostible, pero tamén extremadamente vulnerable á calidade da auga e aos posibles efectos do cambio climático.

Sabías que o prato favorito do mexillón depende dos ventos do norte?

4. Por que os PLÁSTICOS son tan nocivos para o océano?

Sabías que o maior problema relacionado cos plásticos non é visible a simple vista?