Por qué connosco?
Ciencia
O noso equipo está formado por científicos mariños cun profundo coñecemento do ecosistema mariño galego.
Entretemento
A ciencia e o coñecemento poden ser divertidos!
Seguridade
Todas as nosas actividades garanten que a única preocupación dos docentes é pasalo ben. Contamos con todos os requerimentos legais para realizar as actividades.
Axudamoste a ser parte da Rede Europea de Escolas Azuis
Unha Escola Azul é unha institución educativa, xa sexa de primaria, secundaria ou formación profesional, que integra a alfabetización oceánica e a sostibilidade no seu centro de ensino. Unha Escola Azul Europea dá vida a esta visión facendo que o océano forme parte da aprendizaxe cotiá. A miúdo comeza cun pequeno grupo de estudantes e profesores que senten curiosidade polo océano, están desexosos de tomar medidas para protexelo e están motivados para exploralo a través da aprendizaxe baseada en proxectos. Para saber como facelo, visita a nosa páxina web https://www.escolasazuisgalicia.es/