Patrimonio natural mariño de Galicia

Qué fai a este lugar diferente?

O ecosistema mariño de Galicia fai que esta rexión sexa única, non só pola súa incrible biodiversidade mariña, senón tamén polas comunidades pesqueiras locais, cuxa cultura e estilo de vida están intimamente ligados ao océano.

Xogos Olímpicos da produtividade oceánica. Por que Galicia sempre sube ao podio dos gañadores?

O litoral galego está afectado por un proceso oceanográfico que só ten lugar nalgunhas rexións privilexiadas do mundo. Este fenómeno chamado “afloramento costeiro”, prodúcese en Galicia cando os ventos do norte, que sopran ao longo da costa, envían as augas superficiais cara ao mar aberto durante a primavera e o verán. Esta enorme cantidade de auga substitúese por augas oceánicas profundas, moi frías e ricas en nutrintes, que alimentan o crecemento do fitoplancto, a base da cadea alimentaria mariña.

Pódese dicir que a singularidade da comunidade de plancto mariño nesta rexión é a razón pola que Galicia está a ser considerada a nivel mundial como un dos ecosistemas mariños máis produtivos do mundo, soportando unha abundante vida mariña, dende pequenos crustáceos ata maxestuosas baleas.

 

Photos: Diana Zúñiga & 13Grados (http://13grados.com)

IMG_20211020_123813

O Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia axuda a protexer os hábitats oceánicos

O Parque Nacinal Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia foi fundado no ano 2002 e está composto por catro arquipélagos (Cíes, Ons, Sálvora e Illas Cortegada) e as augas que os rodean. A parte mariña ocupa un lugar especial, representando o 86% do total de superficie protexida.

A batimetría, a composición dos fondos mariños e a exposición á enerxía dos océanos crean diferentes ambientes onde habitan multitude de peixes, mamíferos e aves. Este mosaico de hábitats afectados polo particular proceso oceanográfico chamado afloramento costeiro, é chave para comprender a biodiversidade desta rexión atlántica.

Existe un gran esforzo por parte de científicos, organizacións de conservación e traballadores do parque nacional para crear unha rede que preserve a beleza natural, a vida salvaxe e o funcionamento deste ecosistema, tendo como obxectivos fundamentais limitar actividades potencialmente nocivas como a pesca non sostible, o marisqueo ilegal ou o turismo de masas.

Máis información: https://illasatlanticas.gal/es

O ecosistema mariño galego afronta retos cruciais

Superar as barreiras de coidar algo que non se pode ver a simple vista.

Entre os retos máis salientables poderíamos destacar:

  1. Degradación do hábitat e perda de especies.
  2. Especies invasoras.
  3. Contaminación por plásticos.
  4. Cambio climático.
  5. Sobrepesca.
  6. Posibles danos por actividades recreativas mariñas.

Queres axudarnos a concienciar?