emerxincia climática e sostibilidade
Por que sabemos que o clima está cambiando debido ás actividades humanas?
O dióxido de carbono (CO2) é un importante gas de captura de calor (invernadoiro) que se libera a través de procesos naturais como a respiración e erupcións volcánicas, así como actividades humanas como a deforestación e a queima de combustibles fósiles.
É certo que a concentración de CO2 foi oscilando ao longo da historia da Terra. Sen embargo, os niveis de CO2 rexistrados nas últimas décadas nunca se alcanzaron antes. Isto apunta a que as emisións de CO2 derivadas da queima de combustibles fósiles están contribuíndo a valores tan enormes.
As altas concentracións de CO2 na atmosfera son propensas a causar quentamento na superficie da Terra, promovendo non só estacións calorosas pero tamén modificando a forma en que o océano regula o clima da Terra.
E se o océano “non funciona”, prepárate para os eventos extremos.
Quizais sexa hora de pensar doutro xeito!
(fonte: NOAA; https://climate.nasa.gov/vital-signs/carbon-dioxide/)
Queres saber os niveis de CO2 a tempo real?
Efectos futuros do cambio climático
- As temperaturas aumentarán constantemente
- O nivel do mar subirá entre 0,3 e 3,4 m para o ano 2100.
- Intensificaranse as secas e as ondas de calor (en consecuencia, máis incendios)
- Haberá cambios nos patróns de precipitación
- Modificarase a duración da tempada, promovendo alteracións nas actividades pesqueiras e agrícolas.
Ser sostible: as tuas eleccións importan
1. Reducir o emprego de plástico dun so uso.
Emprega tazas de café e bolsas de compra reutilizables en lugar de cuncas dun só uso.
As bolsas de silicona reutilizables e outros envases duradeiros poden substituír as bolsas de plástico dun só uso.
Ademais, elixe produtos con menos envases de plástico e apoia ás empresas que traballan para reducir os seus residuos de plástico.
2. Escoller comida sostible
Se vives preto da costa, explora se os pescadores locais venden produtos sostibles. Recompensa aos pescadores que lideran a saúde dos océanos gozando de especies locais que están en tempada.
Lembra que cando vaias mercar peixe éste debe estar debidamente etiquetado para saber de onde é e como se capturou ou creceu. É a túa elección!
3. Decide a maneira na que te moves e estás no mundo
O transporte é a maior fonte de emisións de gases de efecto invernadoiro a nivel mundial, o que significa que é unha gran oportunidade de mellora. Aquí tes algúns consellos: podes usar máis a túa fermosa bicicleta, podes compartir o teu coche con compañeiros para ir traballar en vez de conducir só, ou podes reducir as viaxes en avión.
Ademais, é hora de pensar nas nosas casas. Con pasos sinxelos como lavar a roupa con auga fría ou axustar as capas de roupa antes de chegar ao termostato, podemos avanzar moito cara a reducir a cantidade de enerxía consumida.
4. Reduce a túa pegada de carbono
Todo o que consumimos ten unha pegada de carbono, incluíndo a comida que comemos, a roupa que levamos e outras cousas que mercamos. É por iso que hai un movemento crecente de persoas que se comprometen a consumir menos.
Rexeitar, reducir, reciclar, por esa orde. Escolla elementos reutilizables ben feitos sobre
elementos dun só uso. Compra só o que necesites (de segunda man se é posible), faino para duralo e úsao antes de mercar máis.
Hai moitas cousas que podemos facer polo medio ambiente a nivel persoal, pero nada máis importante que falar para asegurarnos de que os que dirixen o mundo actúen AGORA.