O noso océano
Abordando a emerxencia climática
Evitando a contaminación por plásticos
Promovendo a conservación dos océanos
A ciencia cidadá como unha poderosa ferramenta para involucrar á sociedade na protección do océano
A ciencia cidadá implica aos distintos sectores da sociedade na observación, análise e no deseño de investigacións científicas. Os beneficios inclúen mellorar a capacidade de control, empoderar aos cidadáns e aumentar a conciencia ambiental.
European Marine Board
https://www.marineboard.eu/citizen-science
Por qué protexer o patrimonio natural mariño de Galicia?
Galicia está situada ao NO da Península Ibérica nunha fermosa rexión onde a costa mira cara ó océano Atlántico. A nosa franxa costeira cos seus máis de 400 km é admirada en todo o mundo; con todo, a pesar dos espectaculares tesouros que podemos atopar baixo a auga, o medio mariño é todavía un gran descoñecido.
Queremos compartir contigo as nosas belezas mariñas!
Apoiando a sostibilidade
O feito de que o cambio climático sexa afectado polos humanos pode que xa non se evite. O Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC) publicou recentemente un informe onde centos de científicos mostran evidencias, causas e consecuencias do quecemento global. É hora de aproveitar este coñecemento e adoptar unha vida máis sostible. Isto é imprescindible para todas as persoas que viven neste fermoso planeta.