Ciencia cidadá

Que é a ciencia cidadá?

A ciencia cidadá é toda actividade que implique á cidadanía na investigación científica, que incentive a ciencia, os axentes políticos e a sociedade a establecer vínculos de impacto significativo. A través da ciencia cidadá, calquera persoa pode participar nos diferentes procesos de investigación científica, desde o deseño e conceptualización da hipótese, pasando pola recollida de datos e a cartografía voluntaria, ata a interpretación e análise dos datos e a publicación e difusión dos resultados. A ciencia cidadá é unha aproximación ao traballo científico que se pode utilizar como parte dunha actividade científica máis ampla.

Descobre mais na web https://eu-citizen.science/

 
 

Os nosos proxectos

O mundo do plancto

Comprender como respira o noso océano e como de importantes son os latidos do seu corazón nas nosas vidas.

Con este proxecto queremos axudar á ciencia mundial a comprender como o cambio climático está afectando ao fitplancto, eses diminutos organismos que constitúen a base da cadea alimentaria mariña. Coa túa participación nos axudarás a recoller datos esenciais en augas galegas, colaborando ademais nun importante estudo global liderado polo doutor Richard R. Kirby, que fundou o proxecto de ciencia cidadá global Secchi Disk.

http://www.secchidisk.org/

Cambio climático, código vermello para a humanidade

Cal é o noso papel para evitar o desastre climático?

Dende fai varias décadas a comunidade científica alerta do quecemento global provocado polo uso de combustibles fósiles polo home.  Son moitas as consecuencias que este feito pode ter a nivel climático, entre as que podemos destacar o aumento de eventos extremos como tormentas e inundacións, a maior frecuencia de ondas de calor extremo e/ou periodos de seca, a redución de osíxeno no océano, etc. Por iso na actualidade existe un gran esforzo por parte dos distintos axentes sociais para chegar a acordos que melloren a vida de todos; e sen dúbida, os cidadáns somos unha peza fundamental. Por iso gustaríanos que nos axudases a coñecer a túa perceptición sobre cal é o maior problema que podemos ter e como crees tí que hai que afrontalo.