Horizonte Azul: aprendendo sobre o mar para conservalo

Vos deixamos neste post o link a un vídeo resumen dun proxecto no que nos encantou participar.

A través de experiencias a bordo, estudantes de secundaria convertéronse en científicos por un día, aprendendo por que Galicia presume de ter un dos ecosistemas mariños máis produtivos do mundo. Durante a experiencia, ademais de aprender a navegar e usar cartas náuticas, realizaron un estudo oceanográfico sobre a calidade nutricional das augas que rodean as nosas magníficas rías.

Ligazón ao proxecto Horizonte Azul