Como conecta o océano a cultura galega con outras comunidades do mundo?

Foto:  José Suarez (Allariz, Ourense, 1902 – A Guarda, Pontevedra, 1974)

Os caladoiros pesqueiros máis importantes do mundo atópanse na parte occidental dos continentes, incluíndo California nos Estados Unidos e o noroeste da Península Ibérica en Europa. Isto débese a que un proceso oceanográfico coñecido co nome de afloramento costeiro favorece a presenza de augas ricas en nutrintes que constituen o sustento da cadea trófica mariña, sendo estas rexión mundialmente coñecidas por ser unhas das máis produtivas de todo o mundo. Este feito explica que a pesca fora unha das actividades económicas máis importantes para a poboación local durante séculos. O que resulta neste punto máis interesante é que, a pesar de estar a miles de km de distancia, estas comunidades parecen ser moi similares. Podería o océano estar a determinar a nosa maneira de vivir? 

 As fotografías superiores foron tomadas en Monterrei, California mentras que as inferiores teñen o súa orixe en Galicia.