Experiencia turismo científico

Experiencia turismo científico

Category
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin

Información adicional

Coñece o Parque Nacional Mariño Illas Atlánticas como un investigador mariño.

Acompañado de expertos en investigación mariña e guías oficiais do parque nacional, te empaparás dos segredos submarinos desta rexión Atlántica, e participarás nun proxecto de ciencia cidadá global que che axudará a comprender mellor como funciona o noso marabilloso océano.

 

 

Con esta experiencia queremos que te sintas científico por un día e coñezas o singular ecosistema mariño que deu lugar á creación do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sen dúbida un lugar único no mundo.

 

 

PROGRAMA

Durante a travesía cara ás illas do parque nacional disfrutarás dunha paisaxe única nun entorno de incomparable beleza. Unha científica mariña nos explicará todos os aspectos relacionados coa singularidade desta rexión tan especial, que fixo que Galicia sexa durante décadas o foco de atención da comunidade científica mariña internacional. Ademáis, o desenvolvemento desta experiencia contribuirá a un proxecto de ciencia cidadá global tomando datos oceanográficos para analizar como varía a produtividade dos océanos ao longo do tempo.

Para coñecer a parte terrestre do parque nacional visitaremos unha das súas illas, onde desembarcaremos e realizaremos unha ruta interpretativa acompañados dunha guía oficial do parque, visitando algúns dos seus miradoiros máis emblemáticos. Por último, descubriremos con material visual o gran tesouro submarino que agocha este parque nacional.

Estamos comprometidos coa conservación do océano, e tí podes axudarnos a cumplir a nosa misión!

 

Esta experiencia inclúe:

  • Ruta interpretativa do ecosistema mariño por unha científica mariña.
  • Ruta interpretativa nunha das illas do parque nacional acompañados dunha guía oficial do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
  • Participación nun proxecto de ciencia ciudadá relacionado co medio mariño.
  • Instrumentación oceanográfica para realizar a actividade.
  • Material divulgación mariña.

 

GALERÍA DE IMAXES