Proxecto Life A Mar: un soño feito realidade

Foto: Imaxe tomada durante o proxecto Life A Mar, L´Estartit (Girona).

Durante os últimos meses, estiven traballando nun proxecto que podería ser o soño de calquera divulgador científico.

O proxecto Life A Mar Natura 2000 naceu do desexo de poñer en valor as áreas mariñas da Rede Natura 2000, transformándoas en lugares coñecidos de interese público, cuxos usos e actividades sexan compatibles coa súa conservación.

Con este fin, o proxecto leva a cabo campañas de navegación en Italia e España que consisten en visitas a lugares da Rede Natura 2000, acompañadas de xornadas específicas de divulgación, eventos de prensa, reunións participativas e visitas guiadas a contornas naturais. Residentes, turistas, guías e expertos, entre outros, participan nestas actividades para mostrar a riqueza destas áreas mariñas protexidas.

En España, levamos a cabo a nosa campaña de navegación a bordo dun catamarán entre maio e xuño deste ano, visitando oito espazos da Rede Natura 2000 mariña no Mediterráneo español, entre os que se inclúen: Cabo de Palos, Xábia, Formentera, Eivisa, Mallorca, L’Estartit, o Delta do Ebro e Cabo de Gata.

Disfrutamos moito e aprendemos o necesario que é estar en contacto coa xente para transmitirlles o importante que é o mar nas nosas vidas. Síntome moi orgulloso de pertencer a un grupo tan unido, con xente que prioriza os seus valores.

Para saber máis visítanos en https://lifeamarnatura2000.eu/es/ ou en Instagram @northwind.galicia